Fernando Porto en la Sala de exposicións do Pazo de San Marcos

17 febrero 2010 sin comentarios

Galicia.-


Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo).
(Do 10 de febreiro ao 28 de abril de 2010)
Inauguración: 10 de febreiro, ás 20.00 horas.

Entrada gratuíta

Horario
Luns a venres: De 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 h. e 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: de 11 a 14 h.

Edificio da Deputación Provincial de Lugo

R/ San Marcos s/n     LUGO

Contactos:  Tfno- 982 242112 /  e-mail

De Porto han dicho:

“Este artista curtido na experimentación da materia, da forma e da cor preséntanos nesta sala de exposicións dependente do Museo Provincial de Lugo o seu traballo máis actual froito dunha plena madurez creativa, xunto con pegadas de senlleiras

obras anteriores para apreciar, máis que unha evolución, unha constante creativa. Nas obras destes últimos anos segue a mesturar esas influencias tradicionais coa arte contemporánea, aínda que el non está pendente de tendencias porque o seu universo persoal xa está colmado de orixinalidade. “ Aurelia Balseiro, directora do MPL

“… Tería eu agora, claro que si, a obriga de falar de Pérez Porto, dun dos máis grandes artistas galegos dedicados a converter a terra en luz, cunha certa contención. Sen me deixar levar polo entusiasmo e polo afecto. Pero non son quen de actuar así. Pode a emoción comigo, coma case sempre… Estou firmemente convencido de que a través da súa cerámica hai algo que, desde o Río Branco do Firmamento, nos revela unha Verdade Superior. Unha verdade que ten moito en común, como a ninguén se lle escapa, cun mundo no que todos os tempos son un eterno presente. Coa inmortalidade, por tanto. É dicir: coa transcendencia. O que amamos sobrevivirá na cerámica de Francisco, non me cabe dúbida ningunha de que iso só pode ser así…!!! (Porque no fondo está feita, claro, da inaprensible esencia do misterio.)” Ramón Loureiro

“… Daquela, a finais dos setenta, había como unha revalorización da cerámica popular galega, da nosa oleiría tradicional. Dende a de Buño á de Gundivós, da de Niñodaguia á de Bonxe. Algunhas desas vellas oleirías estaban a piques de desaparecer. Redescobríase, estudábase e valorábase unha faceta da nosa cultura popular que ata entón fora meramente utilitaria e que agora apreciábase como decorativa e mostra do xenio creativo do pobo. Facíanse mostras de cerámica, mercábase, mesmo íase alén Minho en percura das pezas da Ramalho… Nesas debeu ser cando Pérez Porto se iniciou no torno e afundiu as mans no barro para darlle formas novas que endexamais se viran entre nós. Dende entón percorreu un longo camiño que o levou a se converter nun grande artista da cerámica. As figuras de Pérez Porto teñen o don de alegrar o mundo, de poñer unha nota de alegría nesta realidade nosa tan mesquiña e ruín. Mesmo as figuras ou grupos que representan inxustizas ou historias tristes amosan e transmiten no seu colorido e nas súas expresións un desexo ou anceio de felicidade. Por elas semella coarse unha físgoa de esperanza e ledicia contida. Os nenos e nenas protagonizan moitos dos temas cerámicos de Pérez Porto. Son nenas e nenos ledos, felices, en harmonía coa natureza…” Suso Torres

Share on TwitterShare via email
etiquetas: , exposiciones

Deja un comentario

(requerido)

(requerido)


El sueño

Hemos preparado una pequeña presentación de lo que ha sido el camino de Talleres de Arte en los últimos...

Vidrio y vidrieros

Catalunya.- ¿Puedes imaginar un directorio con los mejores maestros vidrieros de habla hispana? ¿Y un directorio con todas las técnicas aplicadas...

Queremos invitarte

1º Encuentro de Talleres de Arte. Valladolid 24 y 25 de septiembre. 1º Encuentro de Talleres de Arte. Valladolid...